Antón Losada público
[search 0]
Mais
Download the App!
show episodes
 
Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo do Podgalego da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e do que se cala, do que sabemos que pasa e do que conxecturamos que pode pasar.
  continue reading
 
Loading …
show series
 
Xa temos goberno! E o que é máis importante: xa levan camiño de influencers! E por se fose pouco xa lles coñecemos os caretos, que non é cousa menor con eses apelidos de non destacar que teñen practicamente todos e todas. Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro debullan as súas preferencias de estilos, outfits e actuación d…
  continue reading
 
Alfonso Rueda por fin atopou un oco na axenda para investirse como presidente, e esta semana pasou o trámite de facer no Parlamento a súa oferta de goberno. En que consiste? Pois en crear unha dirección xeral para comprobar se o sanchismo vai polo rego constitucional ou non, segundo as conclusións quye sacaron Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta O…
  continue reading
 
Que lle regalará Alfonso Rueda, o presidente en suspensión da Xunta de Galicia, ao alcalde madrileño, José Luis Martínez Almeida, polo seu enlace matrimonial? Mentres Marta Otero Mayán –que xa lle botou un ollo á lista de voda– escollería a vaixela de La Cartuja (de Sevilla, non de Parma), Ana Luísa Bouza, Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro o que s…
  continue reading
 
Nos dous anos que leva a proposta roldando polos despachos, a Xunta xa sabía que o proxecto de Altri era un calote en forma de macrocelulosa, e deixou pasar, ou non sabía nada. Visto doutra forma: foi cousa de malicia ou de ignorancia? Cal das dúas opcións é peor? A Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro o asunto ché…
  continue reading
 
Esta semana o noso equipo opinador de garda, Antón Losada, Ana Luisa Bouza, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro atende sen retraso e pasan unha ITV a Galicia para ver se funciona. Spoiler: sae mal. Porque pensabamos que da pandemia sairíamos mellores, mais non foi o caso para atención aos dependentes galegos, que reciben pouca e con retrasos, d…
  continue reading
 
Este 8 de marzo reflectirá un feminismo consolidado, e máis ou menos libre do bombardeo mediático ao que estaba sometido cando estaba pilotado por Podemos. Ou polo menos iso é o que consideran os nosos podcasteiros Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro, que tamén se poñen co rebumbio das mascarillas, e porque nun si…
  continue reading
 
Comezará Alfonso Rueda a executar esas 872 medidas que prometeu se ganaba, ou empezará por executar os membros do seu -agora si- goberno? Sobre quen non teñen dúbidas Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro é sobre José Ramón Gómez Besteiro. O candidato do PSdeG-PSOE, seguiu o consello unánime que lle deron no pasado …
  continue reading
 
Quen ganou? Quen perdeu? Alguén empatou? Se non ten claros os resultados, máis aló dos números, do 18F, este podcast de servizo público xa llo aclara. Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro comentan non só o que pasou, senón por onde teñen que tirar Alfonso Rueda, Ana Pontón e José Ramón Gómez Besteiro para que o paí…
  continue reading
 
As eleccións galegas sempre son unha cousa rara. Nestas do domingo que vén, por exemplo, o candidato real á reelección polo PP, Alfonso Rueda, está como metido na cama polo seu propio partido, e no seu lugar parece que se presenta Alberto Núñez Feijóo. E segundo os nosos medios públicos, Arnaldo Otegui debe concorrer con Ana Pontón nunha lista conx…
  continue reading
 
Colea o #DebateTVG? Colea, para desgusto duns e alegría doutros. Se queren saber que e de quen, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro contaranlles como lles parece que lles foi a cada un. E a maiores, tamén se estrañaron de que non haxa tractoradas en Galicia, coa tradición que aquí hai, e de «Zorra», ese novo hit d…
  continue reading
 
Nunha proba máis da estatalización da campaña, A Actualidad está Sobrevalorada canta en español! Ben, o equipo tertuliano habitual –Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro– non, pero si o fai a moderadora, Virginia P. Alonso que os invitou á súa casa: Público.es. Nun máis difícil aínda, o noso podcast favorito fai un …
  continue reading
 
Todo o que contamina é tóxico? E viceversa? Todo o que entra, sae?, tal e como asegura o conselleiro mariño e experto dixestivo Alfonso Villares? E todo o que entra na rede é peixe? Ana Luísa Bouza Santiago, Antón Losada Trabada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro desquitan o tempo vacacional debullando como un só home e unha soa muller un tem…
  continue reading
 
Que ten que ver Vicente del Bosque coas eleccións galegas? Que pasa cos pitos en Galicia, que hai que importalos de Portugal? Era legal ou ilegal? Alfonso Rueda ten glamour ou non e a quen lle importa? E falando de eleccións, para cando? Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro desvélannos estes misterios, cal Malva&Du…
  continue reading
 
O novo capitalismo é profesional, moi profesional, que dicía o outro. Usa os traballadores como reféns para obter cartos públicos, e se non, miren para Alcoa, que aos dous anos de asinar un acordo para dez, xa está poñendo a man, para non pechar, di. Pechar, péchanse os representantes sindicais da maioría do profesorado, para que os reciba o consel…
  continue reading
 
Que é o que máis lle gusta máis a un periodista farto de titular con declaracións? Un informe con datos. Un informe do que sacar conclusións políticas, por suposto. Como o informe Pisa sobre as competencias da rapazada no ensino. Uns datos que o mesmo serven para sacar peito pola bondade da nosa política educativa como que lamentarse a fondo polas …
  continue reading
 
«Este vaise, e aquel vaise, e todos, todos se van» laiouse Rosalía. A nosa poeta nacional non se refería precisamente ao Congreso e ao Goberno a onde ían os homes que abandonaban Galicia, pero estes son outros tempos. Primeiro foi Yolanda Díaz, logo Feijóo, e tamén Marta Lois e Miguel Tellado, Pedro Puy, Paco Conde, Rosa Quintana e José Ramón Beste…
  continue reading
 
Como nos vellos bos tempos, non hai tren que chegue á súa hora. Amañará a desfeita o novo goberno de Pedro Sánchez? Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro non soamente ignoran a resposta, senón que se confesan un tanto desnortados pola recomposición do gabinete, tanto pola distribución de competencias que se fixo com…
  continue reading
 
Terán que lle agradecer aos nosos falantes, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro, que viran e escoitaran a mor parte do debate de investidura (Ana Luísa mesmo tomou notas) de Pedro Sánchez aka «El Hijo de...», para poder estar todos de acordo, máis ou menos, na súa análise do que pasou alí. E como poderán escoitar,…
  continue reading
 
O podcast desta semana revisa de adiante cara atrás e de atrás para adiante o contido da negociación do BNG co Goberno en funcións para darlle o «sí, quiero» a Pedro Sánchez na investidura, negociación que non espertou as iras da dereita, quizais porque non baixaron o acrobat para ler pdfs. Pero como non todo vai ser serio, Ana Luísa Bouza, Antón L…
  continue reading
 
Os milagres do podcast. Nada máis gravar o episodio desta semana, no que o equipo falante habitual –Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro– se estrañaban de que na pedrea (nunca mellor dito) da investidura a Galicia non lle tocase nada, e cando acababan de escribir cada un a súa carta para os Magos de Oriente das tra…
  continue reading
 
A xente que atende á rapazada, sexa nas garderías, nos colexios ou nos institutos, anda levantisca. Ou iso parece, porque están de folga, e non porque pidan máis cartos, senón porque queren atender mellor ao alumnado. Quen non para é ese presidente do que vostede me fala, porque cando non andas nos platós da TVG, anda polas estradas atopándose casu…
  continue reading
 
Con menos suspense que nunha película de Santiago Segura (pero con tanta demora no desenvolvemento narrativo), e máis trailers que unha da Marvel, o PSdeG-PSOE escolleu xa candidato á presidencia da Xunta: con todos vostedes, e como non podía ser doutro xeito: Xosé Ramón Gómez Besteiro.E con todos vostedes tamén, un tal Xosé Clemente, que foi o res…
  continue reading
 
Non viron o apaixonante debate sobre o estado da autononosa? Non se preocupen, o noso equipo tertuliano habitual Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro– si (ou polo menos unha parte cualificada del), e xa lles contan. O que máis lles chamou a atención é que o presidente-por-accidente Alfonso Rueda, parecía máis enfad…
  continue reading
 
Quedou O Noso ExPresidente tocado, afundido ou reforzado despois de que o Parlamento non o recoñecera como gañador das pasadas eleccións xerais? Na TVG contemplan que Ana Pontón vaia convidada a Luar en compensación polo inicio de campaña que Alfonso Rueda fixo en Land Rober? Por que a extrema dereita e a dereita extrema, tan celosas da monarquía, …
  continue reading
 
Rematou o verán e volvemos ao traballo. Antón Losada, Ana Luisa Bouza, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro comentan a fracasada investidura de Alberto Núñez Feijóo. Ou non foi un fracaso? Estaría Feijóo buscando algunha outra cousa ademais de chegar á Moncloa?E o PSOE, atinou na súa estratexia? Están retomando actitudes erradas?Debería ter introducid…
  continue reading
 
A Actualidade Está Sobrevalorada, o podcast preferido das élites cualitativas deste país, despide a súa segunda tempada analizando esta pasada convocatoria electoral, na que por unha vez, todo parecía que estaba claro, pero nada foi o que parecía. E a primeira, desde que hai rexistros, na que non todos gañaron, e aínda máis: os creadores de opinión…
  continue reading
 
Sube o globo ou non sube? Pincha ou que? O de Betanzos, que se eleva todos os anos polas festas desde 1814, está como que non por un encerellamento político, pero tamén hai outros globos en cuestión. O da vitoria inapelable e ineludible de PP+Vox o domingo 23. O equipo médico habitual (Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán, Xosé Manuel P…
  continue reading
 
A nova alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, asegura que non participará no acto relixioso ese no que o Rei, en persoa ou mediante subcontrata, lle pide ao Apóstolo (á estatua que está na catedral) que faga o que o poder real –en todos os aspectos– non quere ou non pode facer. A oposición revólvese, e O Neno da Aldea (Feijóo) advirte que está…
  continue reading
 
«Oliveira de cen anos...» Poden uns deportivistas pechados recoñecer as virtudes do Himno do centenario do Celta? E as excelencias como compositor de C.Tangana? Nalgún dos casos, si, e noutros non. Para descubrir que opinan de cada cousa Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro, non terán outra que escoitar este episod…
  continue reading
 
Vén o verán, e con el a calor, as moscas e os turistas. Que facemos con todo iso, en particular cos turistas, e máis en particular aínda cos que se comportan como non se comportarían alí de onde veñen? Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro debaten sobre o asunto, co ánimo de achegar solucións que lle sirvan a Gorett…
  continue reading
 
A Actualidade está sobrevalorada brinca hoxe de Rodeiro a Ourense (capital), de alí a Ourense (provincia) e, tirando cara afóra, por Xinzo e Viana do Bolo, para saír completamente e recalar en Estremadura, onde a xente do PP non atura o racismo, ata Valencia, onde non teñen problema en convivir con esa lacra, pasando polas Baleares, onde quen presi…
  continue reading
 
Xa o dicía Ico, o cantante do Sonoro Maxín, e xa o dixeron Ana Luisa Bouza, Antón Losada, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro (polo menos algún deles) nos podcast anteriores. Manuel Baltar, Baltar fillo, non é Baltar, José Luis Baltar. Acaba de renunciar á herdanza, apretado polos seus. Diso, e de dimes e diretes varios da política galega, estatal e …
  continue reading
 
De que valen os protocolos de protección por moito que cumpran se o resultado é un asasinato? Pode ser un acoso no que rexistraron 56 actuacións cualificado de «risco medio»? Que o maltratador sexa membro dos corpos e forzas de seguridade do Estado é un agravante ou non? O asasinato de Vanesa Serén en Oia a mans da súa exparella presenta estas e ou…
  continue reading
 
A historia desenvólvese ciclicamente, pero como non nos podemos bañar dúas veces no mesmo río, pensamos que todo son novidades. Non, o que pasa xa pasou, e volverá pasar, ou non. Ou quen sabe. Os nosos catro contertulios habituais, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro sofren a síndrome de San Ero de Armenteira. Dei…
  continue reading
 
Os nosos contertulios habituais, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro tentan conxurar os nervios prevotación da forma habitual nesta politica futbolizada: facendo unha porra. Non lles adiantamos os resultados (da porra) porque non fixeron máis que achegar matices e así non hai forma. De todas formas, para explicar …
  continue reading
 
Os datos sobre o uso do galego (do idioma) non respectan nin o Día das Letras. Antón Losada, Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro falan de como de negativos son, ou non, e lembran como caeron eles no feo vicio de falar galego. Tamén lembran que non houbo elección ningunha na que a esquerda abertzale non incluira a persoas que fo…
  continue reading
 
A Actualidade está sobrevalorada está a estudar trasladarse a Ourense, habida conta de que, como asegura no episodio de hoxe Marta Otero (Mayán), esta é a única cidade onde está a desenvolverse unha campaña electoral campaña-campaña. Iso, ou buscar un ourensán de pura cepa, con oito apelidos ourensáns (Cid, Outeiriño…) que nos explique ese estraño …
  continue reading
 
Os médicos que levaban días en folga conseguiron un acordo coa Xunta: a igualación dos pluses: 905€ brutos ao mes todos, traballan só na pública, ou na pública e tamén na privada. E estes –Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro– que pensaban que: 1.- A Xunta non tiña máis cartos para meter en Sanidade 2.- Os médicos …
  continue reading
 
Manuel Baltar, aka Baltar fillo, demostra unha vez máis que iso do inmobilismo non vai co PP, ou polo menos co PP de Ourense. Vaille máis o automobilismo. Xa sabiamos que os Plans de Vías e Obras das Deputacións era para que as estradas estivesen en condicións, pero non tiñamos claro todas as implicacións do asunto. Mentres, en Sanxenxo capean o te…
  continue reading
 
Dous milleiros de gandeiros de carne, coas súas vacas e os seus tractores, ocuparon o centro da cidade de Lugo para protestar polos baixos prezos. A eles páganlles a 5€ o quilo, cando producilo custa 7€ e pico. Como a cesta da compra subiu case un 20%, onde van eses cartos, pregúntanse Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro. Quen est…
  continue reading
 
O Emérito ataca outra vez en Sanxenxo, e o único que parece alegrarse é Alfonso Rueda. Incluso o seu fillo (Felipe VI, non o de Rueda) se pon de perfil. O que dá un paso adiante é outro pai, Suso Díaz, para pechar a candidatura dos que, segundo o relato de Madrid, son os contrarios á súa filla Yolanda. Mentres, as concesionarias das autoestradas co…
  continue reading
 
Quen somos, de onde vimos, cara onde imos? Os grande interrogantes de sempre agora teñen novos ítems. É o ascenso a ministro un premio, unha promoción, un aparcamento para facer sitio ao que vén detrás? Novatos no cargo que xa teñen moita experiencia previa, tanta como para que lles suplanten a identidade en Twitter e que pouco teñen que envexar, n…
  continue reading
 
Esta semana Antón Losada, Marta Otero, Xosé Manuel Pereiro e, sobre todo, Ana Luisa Bouza, viviron con intensidade a moción de censura protagonizada por Ramón Tamames. Confundindo se cadra o verde do partido impulsor da moción de censura co do CDS, convertíu o Congreso dos Deputados nun circo no que non faltou algún pallaso e acabou pedindo a hora …
  continue reading
 
Apareceu un novo narcosubmarino nas nosas costas. A imaxinación dos nosos contertulios, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro dispárase e vislumbran, cal emprendedores, unhas novas oportunidades de negocio. Pode ser este un novo atractivo turístico? (cea romántica no fondo da ría, a ruta dos desembarcos…). Os catro …
  continue reading
 
Que corrupción é peor? A dos políticos? ¿A dos xuíces? A das institucións? A das administracións? A dos medios? A dos empresarios que sustentan todas elas, ou a da cidadanía que as consente mal que ben? No episodio 18, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro convértense en corruptómetros e analizan os diversos casos: …
  continue reading
 
Caso Ferrovial: co caso Ferrovial, a metade dos medios e da clase política española descubren de pronto que as grandes empresas van onde queren a pagar (ou a non pagar) os impostos, independentemente de onde traballen. Non se estrañarían tanto se reparasen en que iso foi o que fan as empresas que teñen sede social en Madrid e fan os cartos en Galic…
  continue reading
 
Somos xente de Ben, tal e como se reivindica Alberto Núñez Feijóo? Xente de Mal, como se recoñece Antón Losada? Ou xente de Suficiente, como admite Marta Otero Mayán? Canta xente de ben queda, reflexiona Xosé Manuel Pereiro, descontando comunistas e bolivarianos, homosexuais que casan, mulleres que abortan, rapazas que pasan a ser rapaces e vicever…
  continue reading
 
Ducias de milleros de galegos e galegas manifestáronse en Santiago contra a política sanitaria de Isabel Díaz Ayuso, ou esa debe ser a conclusión que sacaron moitos dos que viron a noticia nos informativos televisivos de ámbito estatal. Ana Luisa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro desvelan que non, que contra o que protest…
  continue reading
 
Como nas películas de Hollywood, a factoría de Ence queda na ría de Pontevedra por unha decisión no último minuto, na última instancia. Por dúas, en realidade. A primeira, cando o pontevedrés Rajoy, xa desaloxado da presidencia do Goberno, pero en posesión aínda da vara de mando para as cousas urxentes e impostergables, decidiu concederlle 50 anos …
  continue reading
 
Loading …

Guia rápido de referências