Bulos público
[search 0]
Mais
Download the App!
show episodes
 
Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo do Podgalego da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e do que se cala, do que sabemos que pasa e do que conxecturamos que pode pasar.
  continue reading
 
Loading …
show series
 
O lodo non só está a cubrir rúas e casas en Valencia. Tamén cimenta carreiras políticas, en todas partes. Por exemplo nos Estados Unidos de Norteamérica, onde Donald Trump un candidato que renega da democracia liberal que é o tótem do país acaba de ser reelixido presidente, e coa maioría do voto popular. Os aquí presentes, Ana Luísa Bouza, Antón Lo…
  continue reading
 
Vigo inaugurou o Nadal no planeta e máis alá co encendido das luces. É bo ou malo para a veciñanza? Para o alcalde Abel Caballero, desde logo, é inmellorable. Os que están máis a escuras son os afiliados a Muface, os funcionarios que teñen asistencia sanitaria a través das aseguradoras e que non saben a tal hora se desde o 1 de xaneiro do ano que v…
  continue reading
 
Unha semana máis o mundo non deixa de sorprender a Antón Losada, Ana Luisa Bouza, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro, o que fala bastante da súa capacidade para o asombro, porque hai cousas que son máis predecibles que o guión dunha peli de tarde.Por exemplo as maneiras pouco democráticas e nada deliberantes do grupo parlamentario do Partido P…
  continue reading
 
A actualidade de fóra, por moi sobrevalorada que estea sempre, neste caso imponse. As riadas de Valencia, que tamén afectaron a Castela-A Mancha e a Andalucía, cobráronse unha cantidade de mortos aínda sen precisar, pero que todo indica que constituirán unha das maiores, se non a máis grande, en vitimas de todas as catástrofes ambientais no Estado.…
  continue reading
 
Pois si, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro conversaron sobre como vai transcorrendo a vista oral pola morte de Samuel Luiz, e a súa repercusión en medios e redes, e chegaron á conclusión de que botaban de menos o xornal El Caso e aquelas outras publicacións de sucesos que servían como referente –negativo– para q…
  continue reading
 
A ver. O número de galegofalantes diminúe como o cash dun mileurista, pero o problema «está aí fóra», segundo Alfonso Rueda. Como acontece co resto dos problemas reais, a Xunta non ten nada que ver. Da administración autonómica depende a educación, os medios de comunicación públicos (e, en boa medida, os privados-privados e as empresas que xestiona…
  continue reading
 
Alfonso Rueda decidiu aforrar. Aforrar a súa exposición pública no Parlamento, cando menos, e substituír o tradicional debate do estado da autonomía por unha comparecencia na que vai contar que fai cos cartos. 1x2, ao contrario que as ofertas comerciais. Se queren saber onde vai meter o que saca dos nosos impostos terás que escoitar as explicacións…
  continue reading
 
Primeiro había que usar o tren a toda máquina, porque era máis racional e ecolóxico, e por iso daban os billetes de balde. Agora resulta que viaxamos en ferrocarril por riba das nosas posibilidades, e moi por riba das nosas expectativas de chegar puntuais. Así que A Actualidade Está Sobrevalorada volve -non era sen tempo– pero a cabalo dos micrófon…
  continue reading
 
Tiña ou non tiña razón aquel que dixo que se podía enganar moito tempo a algunha xente, e a moita xente por un tempo, pero a toda a xente todo o tempo? É aplicable o dito á xente de Galicia, e en concreto a quen acudiu a manifestación contra Altri en Palas de Rei? 20.000 personas son moitas en Madrid e poucas en Palas? Debates cuánticos nos que se …
  continue reading
 
Como era de temer desde que se comezou a falar do porto exterior erradamente chamado da Coruña, os cartos que custou facelo vannos ter que pagar os coruñeses, en cómodos prazos de terreos portuarios públicos. Todo iso despois de crearse mesas que elaborarán estudos e comisións que elevarán informes, o que fará que a débeda non baixe, pero o persoal…
  continue reading
 
Marta Otero Mayán, como Escarlata O’Hara, xurouse a si mesma que nunca madrugaría por home ningún. Pois rompeu a promesa a semana pasada, certo é que por un homazo de altura –cando menos física– como o ministro Óscar Puente. Segundo nos contou a Ana Luísa Bouza, a Antón Losada e a Xosé Manuel Pereiro tivo que poñer as pilas para estar na estación d…
  continue reading
 
Vd sabe en que se gastan os cartos na sanidade pública? Ou por que din que é máis eficiente desviar pacientes á sanidade concertada? Non haxa pena. Nin o sabe vostede, nin Ana Luísa Bouza, nin Marta Otero Mayán, nin Xosé Manuel Pereiro e nin sequera Antón Losada. Tampouco o sabe a Xunta de Galicia, que é quen administra todos eses cartos (case 5.00…
  continue reading
 
Quo vadis, Pedro? Preguntabámanos no anterior episodio deste podcast. Era unha pregunta retórica. Ben sabiamos que a cousa acabaría nunha declaración –non rolda de prensa– na porta da Moncloa, como se pode comprobar pola carátula que puxemos a semana pasada.Desta vez, o que se preguntan Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel…
  continue reading
 
Segundo a lenda cristiá, o apóstolo Simón Pedro, o mariñeiro, cando se fugaba de Roma para salvar a vida, atopouse co xefe, e preguntoulle Quo Vadis? «Onde vas?» (xa se debera de esquecer de falar arameo). Aquí é a sociedade española a que interroga a Pedro Sánchez: Que fas? De que vas? Que vas facer? O suspense manterase ata o luns 29, pero iso no…
  continue reading
 
Xa temos goberno! E o que é máis importante: xa levan camiño de influencers! E por se fose pouco xa lles coñecemos os caretos, que non é cousa menor con eses apelidos de non destacar que teñen practicamente todos e todas. Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro debullan as súas preferencias de estilos, outfits e actuación d…
  continue reading
 
Alfonso Rueda por fin atopou un oco na axenda para investirse como presidente, e esta semana pasou o trámite de facer no Parlamento a súa oferta de goberno. En que consiste? Pois en crear unha dirección xeral para comprobar se o sanchismo vai polo rego constitucional ou non, segundo as conclusións quye sacaron Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta O…
  continue reading
 
Que lle regalará Alfonso Rueda, o presidente en suspensión da Xunta de Galicia, ao alcalde madrileño, José Luis Martínez Almeida, polo seu enlace matrimonial? Mentres Marta Otero Mayán –que xa lle botou un ollo á lista de voda– escollería a vaixela de La Cartuja (de Sevilla, non de Parma), Ana Luísa Bouza, Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro o que s…
  continue reading
 
Nos dous anos que leva a proposta roldando polos despachos, a Xunta xa sabía que o proxecto de Altri era un calote en forma de macrocelulosa, e deixou pasar, ou non sabía nada. Visto doutra forma: foi cousa de malicia ou de ignorancia? Cal das dúas opcións é peor? A Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro o asunto ché…
  continue reading
 
Esta semana o noso equipo opinador de garda, Antón Losada, Ana Luisa Bouza, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro atende sen retraso e pasan unha ITV a Galicia para ver se funciona. Spoiler: sae mal. Porque pensabamos que da pandemia sairíamos mellores, mais non foi o caso para atención aos dependentes galegos, que reciben pouca e con retrasos, d…
  continue reading
 
Este 8 de marzo reflectirá un feminismo consolidado, e máis ou menos libre do bombardeo mediático ao que estaba sometido cando estaba pilotado por Podemos. Ou polo menos iso é o que consideran os nosos podcasteiros Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro, que tamén se poñen co rebumbio das mascarillas, e porque nun si…
  continue reading
 
Comezará Alfonso Rueda a executar esas 872 medidas que prometeu se ganaba, ou empezará por executar os membros do seu -agora si- goberno? Sobre quen non teñen dúbidas Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro é sobre José Ramón Gómez Besteiro. O candidato do PSdeG-PSOE, seguiu o consello unánime que lle deron no pasado …
  continue reading
 
Quen ganou? Quen perdeu? Alguén empatou? Se non ten claros os resultados, máis aló dos números, do 18F, este podcast de servizo público xa llo aclara. Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro comentan non só o que pasou, senón por onde teñen que tirar Alfonso Rueda, Ana Pontón e José Ramón Gómez Besteiro para que o paí…
  continue reading
 
As eleccións galegas sempre son unha cousa rara. Nestas do domingo que vén, por exemplo, o candidato real á reelección polo PP, Alfonso Rueda, está como metido na cama polo seu propio partido, e no seu lugar parece que se presenta Alberto Núñez Feijóo. E segundo os nosos medios públicos, Arnaldo Otegui debe concorrer con Ana Pontón nunha lista conx…
  continue reading
 
Colea o #DebateTVG? Colea, para desgusto duns e alegría doutros. Se queren saber que e de quen, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro contaranlles como lles parece que lles foi a cada un. E a maiores, tamén se estrañaron de que non haxa tractoradas en Galicia, coa tradición que aquí hai, e de «Zorra», ese novo hit d…
  continue reading
 
Nunha proba máis da estatalización da campaña, A Actualidad está Sobrevalorada canta en español! Ben, o equipo tertuliano habitual –Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro– non, pero si o fai a moderadora, Virginia P. Alonso que os invitou á súa casa: Público.es. Nun máis difícil aínda, o noso podcast favorito fai un …
  continue reading
 
Todo o que contamina é tóxico? E viceversa? Todo o que entra, sae?, tal e como asegura o conselleiro mariño e experto dixestivo Alfonso Villares? E todo o que entra na rede é peixe? Ana Luísa Bouza Santiago, Antón Losada Trabada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro desquitan o tempo vacacional debullando como un só home e unha soa muller un tem…
  continue reading
 
Que ten que ver Vicente del Bosque coas eleccións galegas? Que pasa cos pitos en Galicia, que hai que importalos de Portugal? Era legal ou ilegal? Alfonso Rueda ten glamour ou non e a quen lle importa? E falando de eleccións, para cando? Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro desvélannos estes misterios, cal Malva&Du…
  continue reading
 
O novo capitalismo é profesional, moi profesional, que dicía o outro. Usa os traballadores como reféns para obter cartos públicos, e se non, miren para Alcoa, que aos dous anos de asinar un acordo para dez, xa está poñendo a man, para non pechar, di. Pechar, péchanse os representantes sindicais da maioría do profesorado, para que os reciba o consel…
  continue reading
 
Que é o que máis lle gusta máis a un periodista farto de titular con declaracións? Un informe con datos. Un informe do que sacar conclusións políticas, por suposto. Como o informe Pisa sobre as competencias da rapazada no ensino. Uns datos que o mesmo serven para sacar peito pola bondade da nosa política educativa como que lamentarse a fondo polas …
  continue reading
 
«Este vaise, e aquel vaise, e todos, todos se van» laiouse Rosalía. A nosa poeta nacional non se refería precisamente ao Congreso e ao Goberno a onde ían os homes que abandonaban Galicia, pero estes son outros tempos. Primeiro foi Yolanda Díaz, logo Feijóo, e tamén Marta Lois e Miguel Tellado, Pedro Puy, Paco Conde, Rosa Quintana e José Ramón Beste…
  continue reading
 
Como nos vellos bos tempos, non hai tren que chegue á súa hora. Amañará a desfeita o novo goberno de Pedro Sánchez? Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro non soamente ignoran a resposta, senón que se confesan un tanto desnortados pola recomposición do gabinete, tanto pola distribución de competencias que se fixo com…
  continue reading
 
Terán que lle agradecer aos nosos falantes, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro, que viran e escoitaran a mor parte do debate de investidura (Ana Luísa mesmo tomou notas) de Pedro Sánchez aka «El Hijo de...», para poder estar todos de acordo, máis ou menos, na súa análise do que pasou alí. E como poderán escoitar,…
  continue reading
 
O podcast desta semana revisa de adiante cara atrás e de atrás para adiante o contido da negociación do BNG co Goberno en funcións para darlle o «sí, quiero» a Pedro Sánchez na investidura, negociación que non espertou as iras da dereita, quizais porque non baixaron o acrobat para ler pdfs. Pero como non todo vai ser serio, Ana Luísa Bouza, Antón L…
  continue reading
 
Os milagres do podcast. Nada máis gravar o episodio desta semana, no que o equipo falante habitual –Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro– se estrañaban de que na pedrea (nunca mellor dito) da investidura a Galicia non lle tocase nada, e cando acababan de escribir cada un a súa carta para os Magos de Oriente das tra…
  continue reading
 
A xente que atende á rapazada, sexa nas garderías, nos colexios ou nos institutos, anda levantisca. Ou iso parece, porque están de folga, e non porque pidan máis cartos, senón porque queren atender mellor ao alumnado. Quen non para é ese presidente do que vostede me fala, porque cando non andas nos platós da TVG, anda polas estradas atopándose casu…
  continue reading
 
Con menos suspense que nunha película de Santiago Segura (pero con tanta demora no desenvolvemento narrativo), e máis trailers que unha da Marvel, o PSdeG-PSOE escolleu xa candidato á presidencia da Xunta: con todos vostedes, e como non podía ser doutro xeito: Xosé Ramón Gómez Besteiro.E con todos vostedes tamén, un tal Xosé Clemente, que foi o res…
  continue reading
 
Non viron o apaixonante debate sobre o estado da autononosa? Non se preocupen, o noso equipo tertuliano habitual Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro– si (ou polo menos unha parte cualificada del), e xa lles contan. O que máis lles chamou a atención é que o presidente-por-accidente Alfonso Rueda, parecía máis enfad…
  continue reading
 
Quedou O Noso ExPresidente tocado, afundido ou reforzado despois de que o Parlamento non o recoñecera como gañador das pasadas eleccións xerais? Na TVG contemplan que Ana Pontón vaia convidada a Luar en compensación polo inicio de campaña que Alfonso Rueda fixo en Land Rober? Por que a extrema dereita e a dereita extrema, tan celosas da monarquía, …
  continue reading
 
Rematou o verán e volvemos ao traballo. Antón Losada, Ana Luisa Bouza, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro comentan a fracasada investidura de Alberto Núñez Feijóo. Ou non foi un fracaso? Estaría Feijóo buscando algunha outra cousa ademais de chegar á Moncloa?E o PSOE, atinou na súa estratexia? Están retomando actitudes erradas?Debería ter introducid…
  continue reading
 
A Actualidade Está Sobrevalorada, o podcast preferido das élites cualitativas deste país, despide a súa segunda tempada analizando esta pasada convocatoria electoral, na que por unha vez, todo parecía que estaba claro, pero nada foi o que parecía. E a primeira, desde que hai rexistros, na que non todos gañaron, e aínda máis: os creadores de opinión…
  continue reading
 
Sube o globo ou non sube? Pincha ou que? O de Betanzos, que se eleva todos os anos polas festas desde 1814, está como que non por un encerellamento político, pero tamén hai outros globos en cuestión. O da vitoria inapelable e ineludible de PP+Vox o domingo 23. O equipo médico habitual (Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán, Xosé Manuel P…
  continue reading
 
A nova alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, asegura que non participará no acto relixioso ese no que o Rei, en persoa ou mediante subcontrata, lle pide ao Apóstolo (á estatua que está na catedral) que faga o que o poder real –en todos os aspectos– non quere ou non pode facer. A oposición revólvese, e O Neno da Aldea (Feijóo) advirte que está…
  continue reading
 
«Oliveira de cen anos...» Poden uns deportivistas pechados recoñecer as virtudes do Himno do centenario do Celta? E as excelencias como compositor de C.Tangana? Nalgún dos casos, si, e noutros non. Para descubrir que opinan de cada cousa Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro, non terán outra que escoitar este episod…
  continue reading
 
Vén o verán, e con el a calor, as moscas e os turistas. Que facemos con todo iso, en particular cos turistas, e máis en particular aínda cos que se comportan como non se comportarían alí de onde veñen? Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro debaten sobre o asunto, co ánimo de achegar solucións que lle sirvan a Gorett…
  continue reading
 
A Actualidade está sobrevalorada brinca hoxe de Rodeiro a Ourense (capital), de alí a Ourense (provincia) e, tirando cara afóra, por Xinzo e Viana do Bolo, para saír completamente e recalar en Estremadura, onde a xente do PP non atura o racismo, ata Valencia, onde non teñen problema en convivir con esa lacra, pasando polas Baleares, onde quen presi…
  continue reading
 
Xa o dicía Ico, o cantante do Sonoro Maxín, e xa o dixeron Ana Luisa Bouza, Antón Losada, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro (polo menos algún deles) nos podcast anteriores. Manuel Baltar, Baltar fillo, non é Baltar, José Luis Baltar. Acaba de renunciar á herdanza, apretado polos seus. Diso, e de dimes e diretes varios da política galega, estatal e …
  continue reading
 
De que valen os protocolos de protección por moito que cumpran se o resultado é un asasinato? Pode ser un acoso no que rexistraron 56 actuacións cualificado de «risco medio»? Que o maltratador sexa membro dos corpos e forzas de seguridade do Estado é un agravante ou non? O asasinato de Vanesa Serén en Oia a mans da súa exparella presenta estas e ou…
  continue reading
 
A historia desenvólvese ciclicamente, pero como non nos podemos bañar dúas veces no mesmo río, pensamos que todo son novidades. Non, o que pasa xa pasou, e volverá pasar, ou non. Ou quen sabe. Os nosos catro contertulios habituais, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro sofren a síndrome de San Ero de Armenteira. Dei…
  continue reading
 
Os nosos contertulios habituais, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro tentan conxurar os nervios prevotación da forma habitual nesta politica futbolizada: facendo unha porra. Non lles adiantamos os resultados (da porra) porque non fixeron máis que achegar matices e así non hai forma. De todas formas, para explicar …
  continue reading
 
Loading …

Guia rápido de referências