Download the App!

show episodes
 
O TabernaCast é um podcast com muita bom disposição que tem como objectivo trazer quinzenalmente uma conversa sobre a Cultura Pop. Aqui tu vais ouvir podcasts sobre o universo do cinema, música, história, lançamentos, as grandes polémicas, homenagens aos grandes nomes e muito mais... Cheers!
 
Loading …
show series
 
Neste episodio especial, e moito menos serio, centrarémonos en músicas fóra do mapa, ou sexa, estilos moi populares en diferentes países pero sobre os que recaen estereotipos negativos e son rexeitados polas elites culturais. Falaremos da música pimba en Portugal, levenslied en Flandres e nos Países Baixos, turbofolk nos estados da ex-Iugoslavia, m…
 
A peculiar illa de Córsega ten unha historia con mil reviravoltas e cuxa poboación tenta manter a súa cultura, identidade e lingua a pesar das políticas uniformizadoras da república francesa. Córsega ten unha identidade moi forte e mesmo os partidos nacionalistas corsos e separatistas levan anos a gobernar a illa. A lingua corsa, a pesar de non ser…
 
O pobo eslovaco foi durante mil anos unha nación subalterna, nunca tivo un estado de seu até ben entrado o século XX e o seu despertar nacional foi máis serodio que o dos veciños checos ou húngaros. A pesar diso, a nación eslovaca foi capaz de construír un estado estable mais con importantes eivas democráticas, en especial no que afecta aos dereito…
 
Nos últimos 150 anos creáronse varias linguas co fin de facilitar a comunicación entre os falantes de diferentes idiomas. O esperanto, o interlingua e outras son idiomas artificiais e non ligados a ningún estado. A pesar de non teren un territorio propio si existen comunidades de falantes espallados por todo o mundo que empregan estas linguas tanto…
 
Silesia é unha rexión de fronteira na que durante séculos conviviron polacos, alemáns ou checos. Durante o século XIX e XX xurdíu unha identidade propia e mestiza, diferenciada da polaca. Tras décadas de políticas asimilacionistas a lingua e identidade silesias están a rexurdir a pesar do crecente nacionalismo étnico polaco.…
 
Normandía é unha rexión transfronteiriza, compartida entre Francia e as illas anglonormandas. No seu territorio decidiuse a historia de Europa varias veces e hoxe mantén unha forte identidade cultural propia, tamén lingüística, aínda que o estatus da lingua normanda sexa diferente no continente e nas illas.…
 
Macedonia foi durante séculos un crisol de culturas, pobos e linguas, e isto provocou disputas identitarias até hoxe. Neste episodio centrámonos na historia desta rexión europea e analizamos os conflitos internos e externos de Macedonia do Norte que impiden a súa integración na UE, e máis a situación da minoría macedonia en Grecia.…
 
Estremadura contén unha importante diversidade lingüística que até hai pouco sempre foi invisibilizada, descoñecida ou desprezada. A pesar de que moitos falantes non teñen conciencia lingüística, o estremeñu aínda é usado por centos de miles de persoas, especialmente no noroeste da rexión. Ademais o portugués é falado nalgunhas zonas da raia e no m…
 
Neste segundo episodio dedicado a Kosovo falamos dos últimos 25 anos da historia do país e cal é o papel que xogan as minorías, tanto no relativo ao seu recoñecemento legal como á súa relevancia social. Repasamos a historia destas minorías e as súas peculiaridades relixiosas, culturais e lingüísticas.…
 
Este é o primeiro dun episodio dobre adicado a Kosovo, un país cunhas características xeográficas, culturais e históricas de seu. Nesta primeira parte, centrámonos na súa historia desde a idade media até os 90. Falaremos dos mitos nacionais serbios, os moitos conflitos e estados que dominaron a zona e as disputas entre albaneses e serbios por contr…
 
Os alevís, son unha minoría relixiosa que ten moita importancia na República Turca xa que representan arredor dun 15%-20% da poboación, ou sexa, entre 12 e 17 millóns de persoas que non é pouco. A súa relixiosidade está ligada ao Islam chii e súa historia resúmese nunha continua resistencia contra a opresión.…
 
Sicilia ten unha cultura e identidade ben marcadas, pero sobre a que recaen moitos estereotipos e prexuízos. O siciliano foi lingua de reis, trobadores e premios nóbel mais hoxe en día é desprezado por moitos e apenas ten protección. Neste episodio pretendemos ir máis alá dos clichés do sol, gastronomía e mafia pra entender mellor a rica e variada …
 
Loading …

Guia rápido de referências

Google login Twitter login Classic login