Son público
[search 0]
Mais
Download the App!
show episodes
 
Programa sobre Gastronomía galega emitido durante 8 anos na Radio Galega, que se manterá vivo como mínimo nas redes. Despois dun ano, voltamos a estar no aire, agora en SI RADIO GALICIA. Un percorrido por todo o que ten que ver co mundo da gastronomía, do viño, productores, chefs, sen perder nunca de vista algo que nos fai o que somos, a tradición. Pero por riba de todo, as persoas que estan detras deses proxectos, que son os que fan posible as historias que contamos.
  continue reading
 
Loading …
show series
 
Nesta ocasión charlamos con Elena Fabeiro, Xerente da Fundación Artesania de Galicia, sobre a celebración dunha nova edición de Artesanía no prato. Na sección de Cine e Gastronomía, Marcos Velázquez trae o filme "El Menu". E na sección "Comemos Historia", Juan Otero falanos da historia do Brownie.
  continue reading
 
Parte deste programa fixemolo dende a a Feira Etiqueta Negra Gourmet de Pontevedra. Falamos con Vanesa L. Chousa, e cos responsables de Cienporcel, Montes de Boado, Viravolta Cociña Retornada e Ánades Galicia. E tamén tempo para a nosa sección "Conversas nun viño" con Mariña Fernández.
  continue reading
 
Entrevistamos a Fran e Sonia, que nos contan máis sobre o proxecto agricola Lua de Dexo. Tamén charlamos con Diego González de A Conserveira Tradición, e o gran traballo con conservas de primeira calidade. E inauguramos a nova sección de Gastronomía e cine con Marcos Velázquez.
  continue reading
 
Nesta ocasión coñecemos o traballo da cooperativa "A Carqueixa" con Román Sanchez. Coñecemos mellor a Mariña Fernández e o proxecto "Asede" do Grupo Abastos. E Falamos con Paco Gómez de a Pulperia Asador A Feira e da Asociación de A,igos da Cociña Galega e a sua recente viaxe a New York e Miami.
  continue reading
 
Especial "Artesanía de Galicia no Courel". Como en cada edición charlamos cos artesáns presentes nesta edición. Aqui visitamos os obradoiros de Susi Gesto, Lola Logaro de Hilokune, Jose e Maria Xosé de Peixesapop, Rodrigo de Tresoficios, Minia de Variopinto e Natalia de Espazo Hylica.
  continue reading
 
Charlamos un bó rato con Ivan Domínguez, para falar entre outras cousas sobre a proposta para os seus restaurantes de Coruña e Madrid, baixo a denominación de "Xeito Nado". Tamén charlamos con Bruno Caldas do CIM Alto Minho, sobre as accións interesantes dende "Amar o minho" e nova marca "Essencia do Minho"…
  continue reading
 
Loading …

Guia rápido de referências