Xose público
[search 0]
Mais
Download the App!
show episodes
 
Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo do Podgalego da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e do que se cala, do que sabemos que pasa e do que conxecturamos que pode pasar.
  continue reading
 
Loading …
show series
 
Palestra de Xosé María Dobarro Paz no 2005 sobre a faceta de Anxel Casal como un dos máis importes editores galeguistas do século pasado. Ánxel Casal tivo unha vida curta, pero intensa. Asasinado por razóns ideolóxicas no 36. Era, daquela, unha figura da política nacionalista como alcalde de Compostela e como dirixente do Comité de Autonomía que ac…
  continue reading
 
Palestra-concerto de Mini e Mero no 2005 sobre as cantigas e a música popular galega. Xosé Luís Rivas Cruz (Mini) e Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero) son músicos, poetas, mestres e investigadores do folclore e a cultura tradicionais galegos, membros históricos de Fuxan os Ventos e actuais compoñentes do grupo musical de A Quenlla.…
  continue reading
 
Última parte da palestra de José Martinho Montero Santalha no 2003 sobre as as dúas principais normas que regulan o idioma galego: a isolacionaista (autonómica ou divergente) ou a reintegracionista (etimológica ou convergente)... E qual é o a alternativa mais coerente e apropriada. José Martinho Montero Santalha é um linguista galego comprometido, …
  continue reading
 
Terceira parte da palestra de José Martinho Montero Santalha no 2003 na que alude a distintas citas de diversos linguistas que apoian ou apoiaron a alternativa reintegracionista para regular a normativa do idioma galego. José Martinho Montero Santalha é um linguista galego comprometido, desde o início, co proceso normativizador e coa defensa do rei…
  continue reading
 
Segunda parte da palestra de José Martinho Montero Santalha no 2003 sobre distintos aspectos da normativa que regula o idioma galego, e a idoneidade da norma aplicável: a isolacionaista (autonómica ou divergente) ou a reintegracionista (etimológica ou convergente) José Martinho Montero Santalha é um linguista galego comprometido, desde o início, co…
  continue reading
 
Primeira parte da palestra de José Martinho Montero Santalha no 2003 sobre as dúas normas principais do Galego: a isolacionaista (autonómica ou divergente) e a reintegracionista (etimológica ou convergente) José Martinho Montero Santalha é um linguista galego comprometido, desde o início, co proceso normativizador e coa defensa do reintegracionismo…
  continue reading
 
Palestra de Uxío-Breogán Diéguez Cequiel no 2021 sobre o exilio dos galegos republicanos a méxico por mor da guerra civil española. Esta palestra a proposito da figura de Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado nas Letras Galegas do 2021, que estivo exiliado, precisamente, como tantos outros, en México.…
  continue reading
 
Palestra de Félix García Yáñez sobre a república, a guerra civil e a represión franquista na comarca de Valdeorras. O palestrante afonda na resistencia ao golpe de 1936 e o xurdimento dun forte movimento guerrilleiro. Provén do I ciclo de encontros sobre Valdeorras, organizado polo grupo Valdeorras Infinda…
  continue reading
 
O día da poesía, o pasado 21 de marzo de 2024, celebrouse un recital a propósito da poesía social de Celso Emilio Ferreiro. De forma introductoria, Xesús Alonso Montero expón a palestra: "Arenga sobre Celso Emilio Ferreiro e a chamada poesía social con algunhas páxinas pouco gasalleiras para certos poetas puros e, sobre todo, para os poetas turrieb…
  continue reading
 
Palestra de Xesús Alonso Montero sobre a chamada traxedia do bou "Eva" (bou é un barco de pesca), no Berbés, en Vigo. Alí, o 22 de abril de 1937, cercados polos fascistas, autoinmoláronse, antes de ser capturados, nove republicanos que pretendían fuxir, ocultos no barco, do terror franquista. Este feito foi conmemorado literariamente por poetas com…
  continue reading
 
Palestra de Joan-María Thomas, da Universidade de Rovira e Virgili, sobre a importancia e a explotación de wolframio na Galiza. Efectivamente, a Galiza non foi un "Far", senón un "Near West", durante a maior parte da Segunda Guerra Mundial. Provén das Xornadas sobre a Galiza na II guerra Mundial no 2021…
  continue reading
 
Palestra de José Fernando Navas Ramírez no 2018, coronel retirado e especialista en historia militar, sobre a particular e breve guerra contra a ocupación francesa napoleónica na Galiza. Provén dun Curso realizado por la Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (APIT-Galicia) en noviembre de 2018.…
  continue reading
 
Palestra de Ramón Patiño sobre a famosa batalla de Rande, no interior da Ría de Vigo, en 1702. Os atacantes, unha escuadra angloneerlandesa, saqueou Redondela y la isla de San Simón. Vigo ficou a salvo protexida pola súa muralla e defensas. Provén dun Curso realizado por la Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (APIT-Galicia) en nov…
  continue reading
 
Entrevista ao historiador Carlos Baliñas, sobre a fragmentación territorial no velho espazo galaico, na plena Idade Média. A vella gallaecia dá paso, devagariño, a novos espazos políticos, así coma un novo modelo de monarquia feudal. Tirado de "Bailando con reis e raíñas" no 2022.
  continue reading
 
Entrevista no 2022 con Heitor Picallo, autor do ensaio "O Escudo do Reino da Galiza: unha (re)visión (inter)nacional" (Compostela, Sermos Galiza, 2021), sobre como era a heraldica no escudo do Reino de Galiza en fontes europeas, tamén na literatura máxica, e de como foi evoluindo ao longo dos séculos. Provén do podcast de "Orgullo Galego" onde se p…
  continue reading
 
Entrevista no 2022 con Francisco Rodríguez Sánchez, político nacionalista e licenciado en historia e filoloxía románica, sobre o reino de Galiza. Alén de publicar diversos libros sobre literatura galega, é autor de obras históricas como "Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza. A relevancia do reino galego medieval. Tomo I" ou "Unha etapa estelar…
  continue reading
 
O que é o reino medieval da Galiza para os historiadores galegos? Nesta ocasión responde o profesor en historia moderna na Universidade de Santiago de Compostela, Hortensio Sobrado Correa. Este fragmento de entrevista provén dunha entrevista feita no 2022, e forma parte do proxecto "A historia das historias do Reino de Galicia", desenvolto por un e…
  continue reading
 
O que é o reino medieval da Galiza para os historiadores galegos? Nesta ocasión responde o profesor titular en historia medieval no Campus de Ourense, Francisco Javier Pérez Rodríguez. Este fragmento de entrevista provén dunha entrevista feita no 2022, e forma parte do proxecto "A historia das historias do Reino de Galicia", desenvolto por un equip…
  continue reading
 
O que é o reino medieval da Galiza para os historiadores galegos? Nesta ocasión responde o profesor en historia moderna na Universidade de Santiago de Compostela, Antonio Míguez Macho. Este fragmento de entrevista provén dunha entrevista feita no 2023, e forma parte do proxecto "A historia das historias do Reino de Galicia", desenvolto por un equip…
  continue reading
 
Loading …

Guia rápido de referências