Radio campUSCulturae público
[search 0]
Mais
Download the App!
show episodes
 
Artwork

1
Campus In Itinere

Radio campUSCulturae

Unsubscribe
Unsubscribe
Mensal
 
Programa realizado cada semana dende unha facultade diferente da USC. | Programa realizado cada semana desde una facultad diferente de la USC. | Program performed, each week, in a different faculty at the USC.
  continue reading
 
Loading …
show series
 
Como se un mundo non fose suficiente, o ser humano estivo sempre ideando as posibilidades dos universos alternativos. Neste episodio, a tripulación de Burán fala do metaverso, esa extensión virtual da simple realidade obxectiva e o que pode depararnos. Tamén das súas dimensións lúdicas, o reflexo que tivo no cinema e na literatura e a sombra da dis…
  continue reading
 
Segundas partes nunca serán boas, pero os reencontros poden ser gloriosos. Co mesmo espírito das primeiras veces e a experiência que a vida, a pandemia e a crioxénese lles deu, a tripulación de Burán protagoniza un dos reencontros máis agardados dos podcasts galegos. E soando Familia Caamagno, Vera Lynn, Triángulo de Amor Bizarro e o Devalo que pid…
  continue reading
 
O universo conspira para que Burán regrese unha temporada máis. O transbordador consegue unha nova conexión co planeta terra para falar de teorías máis ou menos conspiranoicas, contubernios xudeo-masónicos, illuminatis desbocados, simboloxías crípticas na música pop e outras herbas estrañas. Cunha banda sonora que vai choutando por Offspring, Katy …
  continue reading
 
Compartindo piso. A historia da humanidade é a historia dos compañeiros de piso, unha saga que comeza cando Trog e Urg decidiron que sería boa idea partillar aquela caverna tan mona xuntos e das atrocidades que pasaron despois. Neste episodio contamos con Miguel Baamonde, un autoestopista galáctico famoso por compartir vivenda por todo o planeta e …
  continue reading
 
"Maldita memoria" cóntannos que berran os políticos na Terra antes de cada cita electoral. Neste Burán afondamos no funcionamento deses mecanismos do recordo: a amnesia, hipermnesia e outros síntomas, e tamén repasamos algúns dos filmes que centraron nela a súa trama. Escoitando Baiuca, Yo La Tengo, Fino Coletivo e Gran Purismo entre outras músicas…
  continue reading
 
O amor é un cego guiado por un tolo. O transbordador Burán, porén, está guiado moitas veces por Jonathan Barral, que desde terra nos axuda a orientarnos e polo espacio e polas ondas. Neste programa acompáñanos falando da cegueira e das persoas cegas, na vida e na literatura ou o cinema. Escoitaremos cantares de cego, Hercules & Love Affair ou a Tia…
  continue reading
 
En 1988, a Unión Sobiética lanza o espazo o primeiro transbordador Burán; Burán, que significa xistra, estaba chamado a ser unha das pezas máis importantes do programa espacial sobiético, pero a caída do muro de Berlín un ano despois, e a posterior disolución da URSS fan que o proxecto seña cancelado. Teóricamente, os transbordadores quedan avandon…
  continue reading
 
Existen os superheroes? Neste episodio achegámonos a figuras con biografías incríbeis ou altamente improbábeis. Estrelas do rock e da astrofísica, aviadores que pilotaron a sorte, señores que mapearon un país a cabalo e actrices que deseñaban o sen fíos mentres triunfaban en Hollywood. Escoitando heroes como Caxade, Eric Clapton, Blood Filloas ou L…
  continue reading
 
As cousas non son o que parecen. Case nunca. Neste programa a tripulación analiza unha boa presada de cancións que falan en realidade de cousas inesperadas. Inocentes temas sobre paxariños que son un canto á revolta social, óperas para iniciar unha revolta contra as forzas de ocupación ou músicas indie con subtexto LGBTQ. Sen esquecer todo o que a …
  continue reading
 
O transbordador Buran recolle un novo autoestopista chamado Juan D. Díaz para repasar con el a historia da arquitectura desaparecida da capital galega. Rúas que se salgaban e tiñan que ser pechadas para sempre, furias demoledoras de alcaldes franquistas e outras formas de crear edificios fantasmas. Soando The Homens, Aló Django, Muse e Hanz Zimmer.…
  continue reading
 
Ao longo da historia varios grupos humanos tiveron a xenial idea de mesturar os seus proxectos políticos con posturas místico-relixiosas, algunhas veces aderezados tamén con drogas e complexos mesiánicos. Neste episodio analizamos os exemplos máis disparatados, descacharrantes e algúns dos máis tráxicos, escoitando música de Galician Army, os Beatl…
  continue reading
 
Os mitos populares e as lendas tribais, moi especialmente no caso galego. Ou dito doutra forma, os restos que quedaron dunha cristianización mal feita e que aínda aparecen nos rituais do lume e das ondas, nos tesouros perdidos e nos rituais da menciña popular. Escoitando música de bruxaría con Dr. John, Pendulum e Na Lúa versionando ao José Afonso.…
  continue reading
 
Hai xeitos e estilos para facelo todo, no programa desta quincena, a tripulación de Buran fala de mortes curiosas, as que son claramente ridículas, as que denotan unha resistencia sobre-humana e as que son auto-infrinxidas dos máis variados xeitos. Cunha selección musical no que buscamos o lado fermoso da vida de man de Samesugas, Vinícius e Toquin…
  continue reading
 
Tras superar algúns problemas técnicos, a tripulación do Buran fai un percorrido pola historia dos plaxios. Un programa cargado de cancións (e as súas copias máis ou menos ilexítimas) que van de George Harrison a Jorge Ben e de aí a José Afonso. O primeiro programa non completamente orixinal de Buran, partindo de que é un plaxio de nós mesmas.…
  continue reading
 
Tras recoller un autoestopista galáctico-galaico, a tripulación aborda unha conversa con el sobre os videoxogos nas nosas vidas. A nostalxia que non sabías que tiñas das recreativas soviéticas, como convenciches aos teus pais de que a cousa molaba usando o Tetris e as memorias de gamers que todas temos gardadas no faiado. Unha cita na que empezamos…
  continue reading
 
Nunha nave xestionada por humanos non deixamos de preguntarnos como sería deixar os nosos rumbos en man dunha intelixencia artificial. Máquinas que aprenden, posíbeis personalidades, a tentación do mal, ou os dereitos e liberdades que poden ter (ou non) as intelixencias tecnolóxicas que nos rodean son algúns dos temas que tratamos. Tamén da súa ext…
  continue reading
 
Criptocousas, a arte de ocultar mensaxes desde a antigüidade, a espías como Mata Hari, heroes de guerra como Alan Turing ou o seu emprego actual nas criptomoedas tan de moda nos últimos meses. Unha viaxe apaixonante co capitán de volta aos mandos da nave e onde pincharemos cousas fóra do común como Músculo!, Make Up and Vanity Set, García MC ou a i…
  continue reading
 
Pódese viaxar no tempo? E necesario un Delorean? E se viaxas no tempo e atropelas sen querer ao teu propio avó ou ao de Manu Chao? Destas e doutras cuestións tratamos neste programa: pastores que buscan ovellas perdidas, conspiracións contra Ramsés II, máquinas do tempo e utopías feitas realidade. Tamén vos aprenderemos a distinguir a viaxe no temp…
  continue reading
 
No segundo Buran da temporada analizamos as nosas lendas urbanas favoritas. Músicos que nunca morreron, a nena da curva, o rei en moto, as fraudes que rodean a alimentación e a saude. Un programa que inclúe un bonus para poderte bañar sen acabar de facer a dixestión e onde Elvis Presley rockanrolea despois de morto para nós, Marilyn Manson lembra o…
  continue reading
 
Buran regresa na segunda tempada falando novamente de vampiros, nesta ocasión con perspectiva contemporánea. Falamos do vampiro como ser problemático que se enfronta a unha natureza diferente, tamén como representación do marxinal e da súa relación coa sexualidade (especialmente co lesbianismo). E pasando polas versións humorísticas e por aquelas p…
  continue reading
 
No Burán de hoxe a tripulación reflexiona sobre o mito do vampiro. Nel seguimos as pegadas do Drácula histórico por Romanía, as enfermidades que poden estar por detrás da lenda e, por suposto, a súa recreación literaria e o seu paso polo cinema. Ao mesmo tempo, algúns dos vampiros do mundo real sobrevoan silenciosamente esta primeira viaxe.…
  continue reading
 
Programa realizado no EMAX 2016, celebrado en Braga (Portugal), e conducido, nesta ocasión, por David Leiro e Miguel Gómez. | Programa realizado en el EMAX 2016 celebrado en Braga (Portugal), y conducido, en esta ocasión, por David Leiro y Miguel Gómez. | Program performed at the EMAX 2016, held in Braga (Portugal), and presented, this time, by Dav…
  continue reading
 
Loading …

Guia rápido de referências