Capítulo # 3 - O lavadoiro: entre a memoria e a especulación

29:42
 
Compartilhar
 

Manage episode 248420025 series 1451999
Por Radio Liverdade descoberto pelo Player FM e nossa comunidade - Os direitos autorais são de propriedade do editor, não do Player FM, e o áudio é transmitido diretamente de seus servidores. Toque no botão Assinar para acompanhar as atualizações no Player FM, ou copie a feed URL em outros aplicativos de podcast.
Neste derradeiro capítulo, combinamos días conversas, que nos sitúan na esencia do asunto e na verdadeira razón da xornada reivindicativa. Dúas mentes que espertan o pasado adormecido baixo pedra volcánica, desta, nosa cidade: Por unha banda, Fernándo Valcárcel: arquiveiro municipal, membro do Arquivo Visual Ourensán e investigador. Afondou na etnografía en feminino, entre outras, as lavandeiras. Por outra banda, Óscar Penín, arqueólogo, parte dos colectivos que convocaran a xornada “Coñeces as Burgas?”. Con estas testemuñas, deixamos que vos mesmxs tiredes as vosas propias conclusións. E que este fin do capítulo, vos permita coñecer e defender a cara oculta do termalismo ourensán. As lavandeiras são mulheres que moram nas fontes da Galiza e que se apresentam envurulhadas de uma aura misteriosa. Estas lavandeiras cando estão a lavar convidam a quem passa a que lhes torça a roupa. Se a pessoa o faz no mesmo sentido que elas, a ação carrexa-lhe males. Isto ficou associado a forças malignas e mesmo ficaram recolhidas em certas canções tradicionais como eu passei por Vilarinho por Vilarinho cantando as moças de Vilarinho quedam no rio lavando Menina tu es o demo que me andas atentando que no rio, que na fonte sempre te encontro lavando Esta desconfiança pode ter a origem da imagem que se tinha destas mulheres que só desfrutavam de uma parcela de independência e libertade na que criavam um espácio próprio, cousa que representava uma ameaça para os privilégios dos homens. Por isso as acusavam de bruxas e aliadas do demo. AS BAÑISTAS VAN SALVAR OURENSE Segundo contan as crónicas, xa no Ourense medieval non estaba mal considerado pola Igrexa o feito de tomar os baños. As bañistas da cidade non tiñan, polo tanto, un concepto da vergoña tan severo como noutros lares. Tampouco tiñan necesidade de buscar a leña para quentar a auga e os corpos. O termalismo regaloulle a Ourense isto, parte da boa sona do seu pan, industrias como as curtidorías, negocios prósperos como o lavado de roupa e negocios alucinados como a calefacción termal para as familias con posibles. O termalismo foi unha bendición que nos acompaña dende hai 4000 anos. Hoxe, o que promove o Concello, non é termalismo. No que hoxe se invisten millóns de euros é promoción dos bañistas. Onde quedan as industrias do pan (derrubadas polo Concello), onde quedanas casa de baño(derrubadas polo Concello), onde quedarán as lavandeiras e o rianxo. Unha letanía que non para. Por iso, os colectivos agrupados baixo a denominación“Aos comercios, 1920” (ESCUA, AUCE, A.C. Óscar Allos, Radio Liverdade, Kasa Negra, Sustinea, A Bela Auria, MMM, Amigos da Terra, Algaravía, A Galleira e persoas a título particular) promotores de cultura, guías da cidade, coñecedores do patrimonio natural e cultural. Sabedores da riqueza ética e económica que achega á nosa cidade. Preguntámonos Non é termalismo e futuro o pan de Ourense, non é termalismo e turismo un oficio vivo como as lavandeiras (probablemente as últimas de Galicia), non é termalismo e gastronomía o rianxo, non son termalismo os restos arqueolóxicos soterrados baixo cemento. Ou cando queren dicir termalismo, só din BAÑISTAS. Se é así, que o digan as claras. Grazas ao termalismo, en Ourense xa temos tradición de desvergoña. QUE DIGAN: "O FUTURO DE OURENSE, SON AS BAÑISTAS". PEDIMOS: -unha nova política de intervención no BIC das Burgas, máis sensible co patrimonio e cas usuarias. -exposición pública do proxecto da praza de Abastos. -que se aclaren prazos en xeitos de traslado dos lavadoiros da praza de Abastos. -que o Concello requira que a Xunta catalogue a tradición das lavandeiras de Ourense dentro do Catálogo galego de Patrimonio Inmanterial.

17 episódios