Fóra De Mapa público
[search 0]
Download the App!
show episodes
 
Loading …
show series
 
Suecia é hoxe un estado referente por moitas razóns ben xustificadas, porén, até non hai moito executou unhas políticas racistas, euxenésicas e de colonización interior contra a súa poboación sámi e tornedaliana propias de reximes totalitarios. No podcast tratamos destas políticas e de como o estado sueco leva anos tentando reparar o mal feito até …
  continue reading
 
Os Países Baixos é un dos estados menos relixiosos de Europa, porén nunha franxa de territorio entre a costa de Zeelandia e a fronteira con Alemaña hai unha serie de concellos cunha importante poboación protestante especialmente relixiosa e tradicional. É o que lle chaman Bjibelgordel, un cinto bíblico onde vacinarse, traballar en domingos ou levar…
  continue reading
 
O nacionalismo galego busca desde hai décadas o recoñecemento internacional de Galicia como nación por parte doutros actores internacionais. Un dos primeiros éxitos foi no 1933, a representación do país na IX xuntanza do Congreso das Nacionalidades Europeas, unha organización non gubernamental internacional que representaba as diferentes nacións se…
  continue reading
 
O mirandés é a forma local do asturleonés no territorio de Miranda do Douro, en Portugal. Hoxe en día está en grave de risco de desaparición, aínda que nos últimos anos o estado portugués aprobase medidas para protexelo, medidas que non sempre son executadas. Pola contra, o asturleonés goza de máis vitalidade en Asturias, onde hai unha campaña pote…
  continue reading
 
Occitania é un territorio extenso no que se fala occitano e que abrangue varias rexións e catro países (Francia, Italia, Catalunya e Mónaco). Falamos neste episodio das diferentes identidades que coexisten no territorio xurdidas entorno a esta lingua. E falamos de identidades, en plural, porque ao ser o occitano falado nun territorio tan extenso ex…
  continue reading
 
Durante a milenaria historia da relixión xudía houbo varios individuos que se proclamaron mesías, seguramente o máis famoso foi Sabbatai Zevi, un xudeu sefardí de Esmirna que provocou un auténtico cisma nas comunidades xudías de media Europa e Oriente Medio. O Sabbatai non acabou ben de todo, porén, unha parte pequena dos seus seguidores continuou …
  continue reading
 
A lingua grega lévase falando no territorio da Grecia actual desde hai milenios, porén o idioma evolucionou e foi cambiando debido ás influenzas dos pobos que pasaron polo país. Coa independencia de Grecia, o debate sobre que forma de grego usar causou un cisma nacional que chegou a provocar disturbios e pelexas con mortos entre os que defendían un…
  continue reading
 
Adjara é unha rexión autónoma de Xeorxia. Nela viven vario pobos, fundamentalmente adjaros que son unha sub-etnia xeorxiana que profesa a fe islámica. Como consecuencia, no período soviético foi un territorio autónomo e despois da independencia xeorxiana do 1991 mantivo ese autogoberno e mesmo estivo a piques de converterse no terceiro territorio s…
  continue reading
 
En Europa hoxe hai algúns conflitos bélicos activos, outros están conxelados pero hai un que oficialmente aínda enfronta a dous estados do continente: Grecia e Albania. Conforme a lexislación grega aínda está en vigor un estado de guerra co seu veciño setentrional. Isto débese as consecuencias dunha traxedia vivida por unha sub-etnia albanesa: os c…
  continue reading
 
Ao longo da historia houbo unha chea de microestados en Europa pero a maioría deles duraron ben pouco e xurdiron como consecuencia de guerras ou revolucións. Porén, existen casos de microestados que tiveron unha vida bastante longa, entre eles un que é ben próximo a nós: o Couto Mixto, situado na raia seca.…
  continue reading
 
Loading …

Guia rápido de referências