Programa1383
MP3•Home de episódios
Manage episode 385841369 series 2775978
Conteúdo fornecido por Podcast de Corcovadomusica. Todo o conteúdo do podcast, incluindo episódios, gráficos e descrições de podcast, é carregado e fornecido diretamente por Podcast de Corcovadomusica ou por seu parceiro de plataforma de podcast. Se você acredita que alguém está usando seu trabalho protegido por direitos autorais sem sua permissão, siga o processo descrito aqui https://pt.player.fm/legal.
Edición número 1383 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 24 de novembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 25 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 29 de novembro a través de Radio Crónica Folk Musical. Abrimos o programa con "Once cancións e unha danza", o novo disco para piano solista de Alberto Vilas. Presentarao ao vivo no Multiusos da Xunqueira de Redondela o vindeiro sábado 9 de decembro, ás oito do serán. Estreamos, ademais, "Luz do norte", a nova canción de Nastasia Zürcher e Guadi Galego. Pechamos a páxina adicada á actualidade cos últimos traballos de Casapalma, Mo' Horizons e Newen Abrobeat, desta volta coa colaboración de Lido Pimienta. Completamos o programa con pezas de Caamaño & Ameixeiras e Marco Mezquida.
…
continue reading
70 episódios