Programa1410
MP3•Home de episódios
Manage episode 421518585 series 2775978
Conteúdo fornecido por Podcast de Corcovadomusica. Todo o conteúdo do podcast, incluindo episódios, gráficos e descrições de podcast, é carregado e fornecido diretamente por Podcast de Corcovadomusica ou por seu parceiro de plataforma de podcast. Se você acredita que alguém está usando seu trabalho protegido por direitos autorais sem sua permissão, siga o processo descrito aqui https://pt.player.fm/legal.
Edición número 1410 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 31 de maio a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 1 de xuño na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 5 de xuño a través de Radio Crónica Folk Musical. Charles Lloyd, o excelso saxofonista de Memphis, vén de editar un disco excepcional a través de Blue Note. Leva por título “The Sky Will Still Be There Tomorrow”, e funciona como unha elexía da súa propia carreira. Aquí tedes un dos discos destacados desta semana. Estréovos tamén “Rhythm Dissection”, o novo disco para trío da pianista afincada en Leipzig Olga Reznichenko. Tédelo xa na rúa a través de Traumton. Dende Navarra chega Xabier Olkoz para nos presentar “Eguzkilore”, un máis que competente disco inspirado na mitoloxía vasca. Gravouno en formato cuarteto con Jon Zufiaurre (saxo), Bernardo San Martín (piano) e Jorge Sánchez (contrabaixo). Na segunda parte do programa entramos no universo editorial de We Jazz para escoitar o último disco dos Goran Kajfeš Tropiques, ademais dun adianto do novo do Saccata Quartet. No Saccata Quartet traballan Nels Cline (guitarra) e Glenn Kotche (batería), ámbolos dous integrantes dos Wilco. A proposta do cuarteto entra de cheo no terrero do noise, a música experimental e o expresionismo sonoro. Completan o grupo Chris Corsano (batería) e Darin Gray (baixo). O seu primeiro disco, “Septendecim”, será publicado oficialmente o vindeiro 28 de xuño.
…
continue reading
70 episódios