Programa1431
MP3•Home de episódios
Manage episode 458050764 series 2775978
Conteúdo fornecido por Podcast de Corcovadomusica. Todo o conteúdo do podcast, incluindo episódios, gráficos e descrições de podcast, é carregado e fornecido diretamente por Podcast de Corcovadomusica ou por seu parceiro de plataforma de podcast. Se você acredita que alguém está usando seu trabalho protegido por direitos autorais sem sua permissão, siga o processo descrito aqui https://pt.player.fm/legal.
Edición número 1431 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 27 de decembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 28 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 1 de xaneiro a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 4, tamén de xaneiro, na sintonía de Rádio Filispim. Chegamos ao remate do ano 2024. Para despedir o ano, preséntovos dous discos sobresalientes, ámbolos dous asinados por artistas galegos. O primeiro, “Tempo de cor”, de Abe Rábade. Gravouno, de novo, con Bruno Pedroso á batería e Pablo Martín Caminero ao contrabaixo. O disco funciona como una reflexión de natureza metamusical onde Rábade dialoga coas pinturas da artista Beatriz Saá. O resultado final é extraordinario. Segue esta mesma liña de excelencia “Música imaginaria”, a nova produción de Baldo Martínez. O proxecto foi apadriñado polo Festival de Jazz de Vitoria-Gasteiz a partires dunha residencia que se concretou nos escenarios do propio festival, no ano 2023. A música deste disco é complexa e inqueda. Baldo Martínez foxe de posicións acomodadas para crear un traballo coral onde damos con referencias musicais plurais —da música popular ao bop; dos loops melódicos obsesivos á progresión rítmica máis imprevisíbel—. Estes discos son, sen dúbida, dúas das mellores producións galegas do 2024. Na recta final do programa estréovos o primeiro sinxelo extraído de “Gravity”, o novo disco do trío de Joona Toivanen. Editarao WeJazz o vindeiro 31 de xaneiro. Completamos o programa con “After Bach II”, segundo volume consagrado á revisión persoal que Brad Mehldau realiza da música de Johann Sebastian Bach.
…
continue reading
70 episódios